
O Concello de Oleiros abriu o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no termo municipal [3]. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de Alfabetización dixital organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Nestes cursos aprenderase de “forma práctica, amena e guiada” a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones, proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa relación co entorno. A persoa participante desenvolverá habilidades básicas no manexo de móbiles, aplicando as novas tecnoloxías á súa vida, axeitándoas ás súas necesidades e desenvolvendo a capacidade de seguir aprendendo por si mesmo.
As inscricións serán a través da web municipal [4], na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, ata as 20:00 horas do 22 de outubro. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11418.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion-non-prioritarias?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=novasNonPrioritarias&p_p_col_count=1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_assetId=9056504&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_urlTitle=curso-de-manexo-de-mobiles-para-persoas-maiores-de-60-anos-en-novembro&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2F
[4] http://www.oleiros.org/