
Voluntariado Galego (Consellería de Política Social) achega á volta do verán unha actividade formativa para dotarnos de recursos solidarios cos que loitar contra a fenda dixital, un problema que se agravou coa pandemia ao non vir parella unha maior necesidade de estudar, traballar e facer trámites en liña con máis e mellores coñecementos que permitisen á poboación en risco desenvolver plenamente estas tarefas.
O Curso de formación en voluntariado dixital e tecnolóxico [3], convocado en colaboración con FADEMGA, levarase a cabo entre o 15 de setembro e o 15 de outubro. Inclúe catro módulos: introdución, ofertas de voluntariado dixital, plataformas e recursos e, por último, análise de exemplos e casos prácticos. Serán 25 horas de formación en modalidade en liña, a desenvolver na plataforma de formación Recursos Galicia [4].
Trátase dunha actividade formativa de balde, subvencionada pola Xunta. Achéganse un total de 25 de prazas. Os destinatarios en potencial son persoas responsables de voluntariado e persoas voluntarias en entidades sociais. O prazo de inscrición remata o 6 de setembro. A admisión comunicarase vía e-mail o 8 de setembro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11362.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-de-formacion-en-voluntariado-dixital-e-tecnoloxico
[4] https://www.recursosgalicia.es/formacion/