
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súa prolongada colaboración como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza un novo programa formativo con 3 itinerarios que contan con 19 seminarios online duns 60 minutos de duración con contidos orientados a fomentar o uso da tecnoloxía por parte dos nosos maiores e visibilizar as vantaxes do dixital na súa vida cotiá.
Este novo ciclo de seminarios retransmitirase por videoconferencia coa colaboración da Rede CeMIT a través das súas aulas para conseguir un maior achegamento ao territorio, sobre todo, no ámbito rural onde as necesidades formativas son máis notorias. Aínda que os usuarios/as dispoñen tamén da posibilidade de seguir esta formación de xeito online contando igualmente co asesoramento dos dinamizadores das aulas no proceso de alta e conexións ás sesións.
Igualmente tamén terán a posibilidade de aumentar estes contidos formativos a través do acceso a unha Videoteca [3] onde poder visualizar os seminarios xa retransmitidos e os realizados en colaboración coa Xunta de Galicia [4] para poder complementar súa a formación.
Os contidos formativos, preséntanse mediante emisións en directo a través de Internet con conexións grupais desde as aulas CeMIT que participen na iniciativa para a asistencia de xeito presencial e as sesións terán un carácter interactivo podendo trasladar dúbidas ou consultas durante o transcurso de calquera actividade.
Os 3 ciclos que se impartirán versarán sobre as seguintes temáticas:
Como novidade, nesta ocasión o programa de Voluntariado TIC irá acompañado dun reto de voluntariado tecnolóxico que se lanzará aos asistentes cun premio final onde se sorteará un vale de Amazon de 50€ para todos os participantes que rexistren a 3 persoas na aplicación de Canal Sénior ou na plataforma de fegaus.canalsenior.es [5]. Así mesmo, para participar no sorteo que se realizará na sesión do vindeiro 18 de xuño en directo, será necesario cumprimentar un formulario [6] cos 3 mails que se inscribiron grazas a esa iniciativa.
Estas actividades son gratuítas e emitiranse durante os meses de maio a setembro (agás en agosto onde non haberá programación) en horarios de mañá de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas.
Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT [7] participantes en cada un dos seminarios ou a través de internet na web https://cemit.xunta.gal [8], sendo o único requisito esixible ser ou darse de alta como usuario da Rede ou no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de Fegaus en Canal Sénior, https://fegaus.canalsenior.es/agenda [9], a plataforma de aprendizaxe coa que colabora nestas actividades, e onde calquera persoa poderá rexistrarse gratuitamente.
FEGAUS é un dos máis de 920 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, impulsado pola Amtega, ao que se poden adherir como tales aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
FEGAUS agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos sénior.
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 91 concellos, está integrada por 97 aulas e está presente en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.
|
Título: |
Arte e cultura da man de Google: descobre o arte de museos de todo o mundo |
|
Data: |
Venres 28/05/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades I |
|
Data: |
Xoves 03/06/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades II |
|
Data: |
Xoves 10/06/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Crea o teu álbum en tres sesións manualidades III |
|
Data: |
Xoves 17/06/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Madurescencia: A revolución das canas |
|
Data: |
Xoves 24/06/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Ofertas de última hora para as túas vacacións: aplicacións |
|
Data: |
Xoves 01/07/2021 |
|
Horario: |
12.00– 13.00 |
|
Título: |
Toogoodtogo: descontos a cambio de non desperdiciar comida |
|
Data: |
Xoves 08/07/2021 |
|
Horario: |
12.00– 13.00 |
|
Título: |
Xadrez online, aplicacións de xogos de mesa online |
|
Data: |
Xoves 15/07/2021 |
|
Horario: |
12.00– 13.00 |
|
Título: |
Como o internet das cousas revolucionou a agricultura |
|
Data: |
Venres 25/06/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
loT (Internet das cousas) no sector gandeiro: oportunidades e desenvolvemento |
|
Data: |
Venres 5/07/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Oportunidades no medio rural: sénior cohousing |
|
Data: |
Venres 09/07/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Tecnoloxías que mudan o futuro rural de forma excepcional |
|
Data: |
Venres 16/07/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Casas prefabricadas con impresión 3D: cando o lugar xa non importa |
|
Data: |
Venres 23/07/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Repobo: territorio innovador rural: casos e ideas |
|
Data: |
Venres 10/09/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Casos e exemplos de autoconsumo |
|
Data: |
Venres 17/09/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Impacto da enerxía fotovoltaica na entorna rural |
|
Data: |
Venres 24/09/2021 |
|
Horario: |
10.30 – 11.30 |
|
Título: |
Competencias dixitais clave na nova entorna: desenvólveas! |
|
Data: |
Venres 04/06/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Solidariedade na era dixital: aplicacións móbiles que fomentan a cooperación |
|
Data: |
Venres 11/06/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
|
Título: |
Ideas para facerte voluntario dixital |
|
Data: |
Venres 18/06/2021 |
|
Horario: |
12.00 – 13.00 |
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11291.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://fegaus.canalsenior.es/category/videcoleccion
[4] https://fegaus.canalsenior.es/category/xunta
[5] https://fegaus.canalsenior.es/
[6] https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSczh0EDpO-Ipmv8OIPDKyaEFPYWX3sNKrbgw7fnpDYsQJGvnw/viewform
[7] https://cemit.xunta.gal/es/centros
[8] https://cemit.xunta.gal/
[9] https://fegaus.canalsenior.es/agenda