A Xunta desenvolverá entre o 11 de maio e o 11 de xullo un obradoiro dixital de formación en competencias brandas, é dicir, o curso avaliará as habilidades dos participantes en organización, traballo en equipo, análise, conexión, comunicación, actualización, creatividade, xestión emocional e capacidade resolutiva.
A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas maiores de 45 anos e parados de longa duración co obxectivo de mellorar as súas oportunidades laborais. Así, está enfocada á busca de emprego, ao autoemprego, á adaptación a situacións descoñecidas e aos novos contornos dixitais. Un estudo recente realizado por Linkedin destaca que o 92% das persoas directivas de empresas consideran que as competencias brandas son iguais ou máis importantes que as técnicas. Ademais, o 75% dos responsables de Recursos Humanos sinalan que as soft skills son esenciais á hora de seleccionar ou non un candidato. Si se fala de postos directivos, a porcentaxe aumenta ata o 94%.
As persoas interesadas en participar no obradoiro poden anotarse xa e ata o próximo 10 de maio a través da dirección https://rumboaempregabilidade.fpgft.gal/ [3]. No curso analizaranse 9 competencias brandas e o grao de uso que se fai en cada unha delas, así como se exporán experiencias de persoas expertas no mundo do management, dos recursos humanos e da empresa. Así mesmo, haberá tamén sesións de coaching individuais.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11257.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://rumboaempregabilidade.fpgft.gal/