O día 22 de abril de 2021 celébrase o Día Internacional das rapazas nas TIC.
Este ano farémolo exclusivamente mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19. Teremos a oportunidade de coñecer a varias galegas que nos contarán polo miúdo o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos.
Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_11212.jpeg
[2] https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/