
O Concello de Oleiros informou de que o luns 22 de marzo abre o prazo de inscrición para un curso de informática básica de 40 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no termo municipal [3]. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de Alfabetización Dixital organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Aprenderase a manexar un ordenador mediante o coñecemento dos seus compoñentes, utilidades, manexo do Office, familiarización con Windows... As inscricións serán a través da web municipal, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 22 de marzo e rematará ás 20:00 horas do 5 de abril. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11202.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion-prioritarias?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_1t9R&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=novasPrioritarias&p_p_col_count=1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_1t9R_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_1t9R_assetId=8186834&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_1t9R_urlTitle=novo-curso-de-informatica-basica-para-persoas-maiores-de-60-anos-en-abril-e-maio&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_1t9R_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2F