
Dende Afalferrolterra estamos elaborando un proxecto para persoas con demencia a través da utilización de novas tecnoloxías e a estimulación cognitiva para a súa prevención a través do envellecemento activo. Solicítase o apoio virtual de persoas voluntarias para a realización de formación de nivel básico sobre o manexo da tablet e da App propia da asociación. As persoas voluntarias interesadas recibirán a formación en liña para o manexo da App a través dunha videoconferencia de presentación.
Contidos do curso:
Prestar apoio ás familias e coidadores na utilización da App propia da organización.
Soporte no manexo de xeito autónomo do dispositivo móbil (tablet).
Formación en ferramentas de conexión por videoconferencia (zoom).
A duración do apoio planificarase por trimestre comezando dende o mes de abril desde ano. O horario axustarase ás necesidades tanto dos destintarios/as como das persoas voluntarias participantes.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/11140