
O Concello de Santiago vai celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con data o vindeiro xoves 11 de febreiro, coa xornada de charlas e obradoiros As ciencias escríbense en feminino [3]. O evento será en streaming e nel as máis sobranceiras científicas galegas falarán das principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica no ámbito de diferentes disciplinas: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.
Ao abeiro desta iniciativa, o Concello de Santiago ten como obxectivo principal brindar ás estudantes modelos de diferentes profesións científicas, e axudalas a ser conscientes do seu gran potencia, a superar os estereotipos e inspiralas, a través do evento. A ONU, institución que promove esta data, destaca o problema que existe para que as mentes de homes e mulleres traballen xuntas para alcanzar un obxectivo final e afrontar diferentes desafíos. O evento está orientado ás rapazas galegas de entre 9 e 15 anos, e será presentado por grandes profesionais, que comentarán a súa traxectoria, os proxectos e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas científicas. A actividade combinará as conferencias, con xogos didácticos e experimentos para ofrecer un contido ameno e divertido.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11112.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=20264&lg=gal