
A FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) solicita o apoio dunha persoa voluntaria para a realización do curso "Busca de emprego a través de Internet" dirixido aos seus usuarios na aula CeMIT de Santiago de Compostela. O apoio será de 4 horas e dividirase en 2sesións de 2 horas de duración preferiblemente en horario de mañá. Tanto o horario como as datas están abertas á dispoñibilidade da persoa voluntaria e da aula CeMIT. Os contidos formativos serán proporcionados pola entidade para que a persoa voluntaria interesada tan só teña que ocuparse da docencia das sesións para o que contará, tamén, coa axuda dun intérprete.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/11044