
O Concello de Lousame [3] puxo en marcha a campaña en contra da violencia de xénero que terá como nome A árbore do bo trato [4]. Esta iniciativa terá a súa base no formato dixital, como así indicou a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo: “Diante da situación actual, evitamos actividades tradicionais como a Andaina contra a Violencia de Xénero e apostamos polas novas tecnoloxías, a nosa páxina web e as nosas redes sociais”.
A campaña terá como imaxe simbólica unha árbore, que estará composta por follas e froitos con propostas que impulsen o bo trato. Os veciños de Lousame poderán promocionar súas ideas a partir de vídeos, textos, imaxes e demais arquivos multimedia que se exporán na páxina web do Concello. Para poder participar, o Concello de Lousame habilitará un photocall na Casa Consistorial para facer uso del en caso de que algún veciño o precise. Ademais poderanse enviar aportacións ó WhatsApp (689 126 385) e por wetransfer (nos@noscomunicacion.com [5]).
A iniciativa, organizada pola Concellería da Igualdade do Concello de Lousame en colaboración co Ministerio de Igualdade e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, non será a única actividade posta en marcha deste tipo. Ademais da campaña A árbore do bo trato, o Concello celebrará nos próximos días unha reunión na que tomarán a decisión de levar a cabo unha serie de actividades que impulsen a repudia á violencia machista.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11014.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.concellodelousame.gal/index.php/gl/
[4] https://es-es.facebook.com/concello.delousame/posts/2839693489633903
[5] mailto:nos@noscomunicacion.com