
A aula CeMIT do Concello de Cuntis [3] vai achegar en outubro máis formación tecnolóxico-dixital para as veciñas e veciños [4], co obxectivo de tirar abaixo todas as barreiras que as e os podan afastar das máis importantes utilidades das novas ferramentas (informática básica, redes sociais, móbiles, eAdministración, vídeo-conferencia, etc). O programa cubre tanto a xente adulta como aos menores de idade do concello. Os obradoiros comezarán xa a partir do vindeiro luns. A isto súmase un Servizo de Axuda Tecnolóxica, disposto pola aula CeMIT todos os luns, martes e mércores do mes, en horario de 12.00 a 14.00 horas, para resolver as posibles dúbidas da cidadanía en cuestión dixital.
A listaxe de cursos previstos inclúe un de edición e deseño con programa de retoque e edición fotográfica GIMP (por vídeo-conferencia os días 5, 6, 7 e 8 de outubro se 10.00 a 12.00 horas); os cursos de preparación das probas libres CODIX (a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, do 19 de outubro ao 5 de novembro, de 10.00 a 12.00 en formato telemático), e máis os obradoiros de programación para a rapazada: Scracth para nenos (os sábados de outubro de 12.00 a 13.00 horas) e Microbit para nenos (os sábados de outubro de 13.00 a 14.00).
As persoas interesadas en participar deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza, posto que son limitadas en todos obradoiros. Poden facelo a través do enderezo electrónico cemit.cuntis@xunta.gal [5], do teléfono 683 147 165 ou dende a páxina web da Rede CeMIT [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10867_0.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/es/centro/32/galeria
[4] https://www.pontevedraviva.com/xeral/67935/cuntis-aula-cemit-outubro-cursos-edicion-programacion-nenos-axuda-tecnoloxica-preparacion-probas-codix/
[5] mailto:cemit.cuntis@xunta.gal