O Concello de Baiona [3], a través do seu departamento de Igualdade, comunicou estes días a apertura do prazo de inscrición para participar nunha iniciativa de alfabetización e capacitación dixital que pon o foco na poboación feminina. Trátase do programa Achégate ás novas tecnoloxías [4], unha iniciativa que busca equipar ás mulleres dos recursos precisos para afrontar todo tipo de operacións e trámites online (como por exemplo trámites dixitais coas administracións), para mellorar a súa empregabilidade ou para ampliar os seus coñecementos tecnolóxicos.
A actividade, que é cen por cen de balde, foi concedida ao Concello de Baiona no marco do programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade e co-financiada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Inclúe catro cursos de 12 horas de duración cada un e desenvolveranse en horario de mañá e tarde do 15 ao 24 de setembro. As mulleres interesadas en participar poden contactar co Centro Municipal de Información á Muller (CIM) no teléfono 986 35 75 54 de luns a venres en horario de 8:30 h a 13:30 h.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10831.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.baiona.org/
[4] https://www.comarcasnarede.com/comarcas/val-minor/baiona/a-concelleria-de-iguadade-do-concello-de-baiona-abre-a-inscricion-para-o-programa-achegate-as-novas-tecnoloxias/