
O Concello da Bola e a aula CeMIT local organizaron este 27 de agosto unha xornada tecnolóxica [3] dirixida á rapazada e co obxectivo de introducir ás nenas e nenos do termo municipal ourensán, dun xeito divertido, nos usos e vantaxes creativas das novas tecnoloxías da información.
Máis en detalle, a sesión (que se desenvolveu pola mañá, de 10 a 13.00 horas) puxo o foco nas posibilidades lúdicas e educativas da ferramenta PowerPoint de Microsoft, poñendo en xogo recursos para familiarizar aos rapaces (de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos) con este programa e permitíndolles que o empreguen no futuro dunha maneira interactiva e dinámica, ao tempo que “axeitada para a súa idade”. Pablo Vázquez, o técnico da aula CeMIT da Bola [4], foi o encargado de transmitir todos estes coñecementos aos pequechos e pequechas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10823.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://concelloabola.gal/as-nosas-crianzas-aprenderon-xogando-coas-novas-tecnoloxias/
[4] https://cemit.xunta.gal/gl/centro/2