
Este ano a Maker Faire Galicia presenta un novo formato 100% online, para o que desenvolvemos unha potente plataforma online que permitirá aos participantes vivir unha experiencia única desde calquera punto do planeta. Desta forma convértese nunha das primeiras Maker Faire a nivel mundial que se celebra integramente a través de Internet.
Ademais desta novidade, ás dúas xornadas dedicadas ao ámbito profesional, e ás dúas xornadas abertas a todo o público, súmase este ano unha nova xornada exclusiva sobre educación. Deste xeito a Maker Faire Galicia convértese nun referente na innovación 360º, compartindo contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.
Se es unha empresa de recente creación, un centro educativo, unha asociación ou un/unha maker, non esperes máis e presenta o teu proxecto! Desde hoxe e ata o 15 de outubro temos aberto o call for makers.
Ofrece unha charla, un taller ou expón o teu proxecto e comparte coñecemento coa comunidade maker. Non te perdas o evento de innovación máis importante do ano!
A sexta edición da Maker Faire Galicia celébrase unha vez máis no Museo Gaiás, aínda que este ano de forma virtual, e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10820.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()