
Hoxe dará comezo o curso promovido polo Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, co seu primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0” no que participarán máis de 200 persoas e que ten como obxectivos mostrar aos asistentes como as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e os servizos baseados na tecnoloxía web, revolucionaron o xeito en que accedemos á información e a maneira en que nos relacionamos co mundo que nos rodea.
As persoas participantes asistirán hoxe á ponencia de Víctor Gómez, consultor e formador nos ámbitos de innovación e marketing dixital, que amosará como o terceiro sector terá, como principais obxectivos de comunicación nos próximos anos, a captación de fondos, a colaboración entre as propias entidades sociais e o impulso da participación social e a mobilización cidadán, incidindo na transparencia como valor fundamental para a consecución des seus obxectivos.
Mañá venres 7 de xuño, mostraranse exemplos de boas prácticas dos sectores turismo, hostalería, restauración e moda, que teñen implantado con éxito unha estratexia de comunicación dixital, coa participación dos seguintes ponentes:
Síguenos a través de Twitter [2]co hashtag: #socialmaisTIC [5]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Logo_Twitter.jpg
[2] http://voluntariadodixital.xunta.es/actividades/
[3] https://twitter.com/search/?q=%23socialmaisTIC
[4] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[5] https://twitter.com/search?q=%23socialmaisTIC&src=hash