
A AMTEGA vén de publicar na súa web o vídeo no que os seis gañadores dos concursos de microrrelatos e debuxos da Estratexia Dixital de Galicia 2030 [3], explican como ven a Galicia do futuro e como a plasman nos seus traballos. Este vídeo realizouse como recoñecemento aos seus traballos, ante a imposibilidade de celebrar o acto de entrega dos premios (unha tableta) por mor da crise sanitaria.
A través destes certames, nos que participaron máis de 300 rapaces e rapazas, quíxose recoller a achega dos máis novos a elaboración desta folla de ruta para a vindeira década, unha estratexia en proceso de elaboración na que están a colaborar axentes económicos e sociais, académicos e tamén os galegos do futuro, rapaces e rapazas de 5 a 18 anos .
Neste certame debuxo, no que participaron 213 alumnos e alumnas de Educación Primaria, de entre 5 e 12 anos, resultaron gañadoras tres composicións que representan as necesidades, novos hábitos e solucións que as novas tendencias dixitais poden proporcionar á nosa sociedade.
No concurso de microrrelatos, no que participaron 120 estudantes de ESO ou Bacharelato, de entre 11 e 18 anos, resultaron gañadoras tres obras que mostran como os avances tecnolóxicos e o uso das TIC poden mellorar o noso día a día.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10748_0.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://amtega.xunta.gal/edg2030/concursos