
O Concello de Ribeira [3] informou de que xa están abertas as inscricións dos cursos organizados para este verán na aula CeMIT local: sete actividades tecnolóxicas formativas nas que, de forma gratuíta, a veciñanza xa pode matricularse, das cales catro están dirixidas a nenos e nenas e tres a adultos.
Os cursos, que se van desenvolver baixo os estritos protocolos de seguridade sanitaria (só haberá oito equipos informáticos dispoñibles, co fin de asegurar a distancia entre os asistentes, e será obrigatorio levar máscaras e lavar as mans co xel hidroalcólico disposto á entrada do centro TIC de Ribeira), son recursos de gran utilidade e potencial para ampliar a formación e os coñecementos de pequenos e maiores. O calendario de cursos dirixidos a nenos e nenas queda da seguinte maneira:
Nenos e nenas
Adultos (a partir de 16 anos)
As inscricións poden facerse na aula CeMIT de Ribeira ou vía web na súa páxina en Internet [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10704.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.ribeira.gal/
[4] https://cemit.xunta.gal/es/centro/67