
A Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Boiro (a OMIX de Boiro) está de volta, achegando actividades formativas e poñendo o foco na capacitación tecnolóxica da xente nova, unha cuestión básica para o seu futuro laboral e, tamén, para facer fronte a adversidades sanitarias e/ou económicas como a que estamos a vivir. Con este obxectivo, a OMIX promoveu uns obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías para a mocidade [3], que se van impartir na aula CeMIT de Boiro [4]. Estes cursos vanse realizar de xeito telemático e o prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Os obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías inclúen unha manchea de actividades, que van dende o manexo dos libros electrónicos, as cámaras dixitais ou as tabletas, ao aproveitamento das redes sociais, á creación do blogs, á realización de trámites por Internet, ás compras virtuais, á seguridade informática ou ao comercio electrónico. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro Social de Boiro, ou poñerse en contacto coa aula CeMIT mediante o enderezo electrónico axentetic@gmail.com [5] ou o teléfono 981 84 26 35.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10680.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://omixboiro.blogspot.com/2020/06/obradoiros-formacion-onlines-para.html
[4] https://cemit.xunta.gal/es/centro/17
[5] mailto:axentetic@gmail.com