
A edición dixital do diario ABC faise eco da noticia de que a Comisión Europea (CE) concedeu o pasado 29 de maio un dos premios de innovación social ao proxecto español da rede Mitwin.net, unha rede profesional interxeracional con selo aragonés concibida para facilitar empregos compartidos entre persoas próximas á idade de xubilación e mozos.
O proxecto propón que os traballadores de máis idade compartan un posto de traballo cos mozos, permitindo ás persoas próximas á idade de xubilación intercambiar os seus coñecementos cos que se incorporan ao mercado laboral.
Iso facilitaría a entrada e saída do mercado laboral e abordaría o problema do desemprego xuvenil, explicou a CE nun comunicado.
Mitwin.net figuraba entre dez proxectos finalistas do concurso, organizado para crear novas e melloras oportunidades de traballo, e foi elixido entre as máis de 600 propostas presentadas en Europa.
O proxecto español foi galardoado xunto con outros dous do Reino Unido e de Alemaña, respectivamente.
Para ver a noticia completa pique aquí [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130603_Mitwin.net_.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1426543