
O Concello de Boiro [3], xunto coa asociación ComparTIC continua coa oferta formativa de cursos que se imparten por vídeo-conferencia na aula CeMIT local [4] durante o confinamento. As dúas últimas accións formatiavs que se van impartir tratarán sobre as seguintes temáticas: Sketchup web e máis Espionaxe e Cibervixilancia. Celebraranse na ultima quincena do mes de maio.
O curso de Sketchup web vaise impartir os días 19, 21, 26 e 28 de maio, de 11.00 a 11.45 horas, e nel os participantes farán unha introdución ao deseño asistido e coñecerán o funcionamento da interface da aplicación, as ferramentas básicas para traballar con ela e unha serie de exercicios prácticos para o seu funcionamento.
Pola súa banda, o curso Espionaxe e Cibervixilancia vaise impartir os días 22, 25, 27 e 29 de maio, en horario de 11.00 a 11.45 horas, e as persoas participantes terán a oportunidade de aprender métodos de procura de información, análise de metadatos, cifrado e descifrado de mensaxes e ocultación e obtención de información.
Todos os interesados poden informarse e inscribirse aos cursos na aula CeMIT de Boiro, mediante o correo electrónico axentetic@boiro.org [5] ou o número de teléfono 981 842 635.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10609.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.boiro.gal/
[4] https://cemit.xunta.gal/es/centro/17
[5] mailto:axentetic@boiro.org