TUDEO: algunhas claves para poñer o Teu Universo Dixital En Orden. Valor 2.0
Descrición:
Agora, máis que nunca, ter O teu Universo Dixital En Orde é crucial para axudarche a manter un equilibrio hoxe e saír mañá desta situación nas mellores condicións posibles. Por que? Porque ter todo ese xigante repositorio de bits...
- Almacenado en calquera sitio e de calquera modo.
- Exposto á súa perda ou deterioración por calquera motivo.
- Sen unha orde nin sequera aproximada.
- Accesible só baixo certas condicións e dispositivos.
- En formatos que posiblemente non poida manexar nun futuro próximo
Equivale, sinxelamente, a non ter nada. Coma se todo ese fluxo de experiencia vital estivésemos a tiralo polo desaugadoiro. Canto tempo e valiosos recursos estamos a desaproveitar por non prestar atención a esta faceta das nosas vidas?
Data inicio:
Mar, 28/04/2020
Horario:
De 10:00 a 10:45 h