
Terceira entrada da Guía para maiores “Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxía“.
A situación excepcional provocada pola pandemia do coronavirus e a obriga de permanecer illados acentúan a situación de soidade e desconexión social de moitas persoas.
A diminución de actividades e rutinas cotiás, a baixada de estimulación sensorial e a diminución do contacto social poden alterar significativamente o estado de ánimo polo que é aconsellable unha boa xestión da sensación de soidade ou preocupación.
A tecnoloxía xoga un papel fundamental para manternos conectad@s os uns cos outros achegando aos nosos fogares multitude de medios para mitigar o tempo de lecer e enriquecelo.
Estar informad@s é importante pero debes evitar a exposición excesiva á información sobre o COVID-19, elixindo sempre medios de comunicación contrastados e reservar momentos do día concretos para facelo posto que é preciso desconectar deste tipo de noticias.
Ler a prensa por internet a través dos medios dixitais ao noso alcance (móbil, tablet ou ordenador) así como dirixirnos a fontes oficiais para obter material informativo relativo á pandemia é vital para consumir información veraz e actualizada.
Así pois, a través da páxina web do Ministerio de Sanidade [3] ou do Sergas [4] poderás atopar información para a cidadanía sobre esta enfermidade en continua revisión e actualización como:
Outros exemplos son:
A programación dos medios de comunicación foise modificando segundo as necesidades actuais da sociedade. Así, os medios audiovisuais públicos autonómicos puxeron en marcha diversas medidas e campañas dirixidas a axudar á poboación máis lonxeva nestes tempos.
Entre estas iniciativas atópase a adaptación da súa grella de programación ao público sénior, incluíndo novos espazos dirixidos a eles e as súas necesidades, así como a ampliación da dedicación en programas de entretemento e informativos xa existentes.
Neste senso a CRTVG a través da súa canle TVG leva a cabo unha serie de iniciativas co obxectivo de entreter e informar como son:
Para aqueles que navegan por internet, é un bo momento para entrar en contacto con comunidades virtuais onde compartir intereses con outras persoas maiores e voluntari@s.
Os canais de sociabilización cobran tamén especial importancia nesta situación sendo vital o contacto diario con familiares e amizades a través de redes sociais como Facebook [11] ou Instagram [12], videochamadas a través de ferramentas como Skype [13] ou a través de mensaxería instantánea como WhatsApp [14].
O uso das TIC e da robótica social son alternativas atractivas de entretemento e estimulación cognitiva. Os xogos cos que exercitar a memoria e outras habilidades mentais así como as plataformas multimedia para ver películas e series en directo ou mesmo obras de teatro.
Ler, escoitar música ou ver vídeos a través de internet tamén che poden axudar a pasar mellor o tempo de lecer e enriquecernos culturalmente a través do móbil ou tablet.
Este momento tamén pode ser indicado para aprender a facer cousas novas a través da rede, por exemplo, apuntándose a algún curso.
Así mesmo, as aulas CeMIT continúan ou están preparando a súa programación [15] e atenden á cidadanía a través dunha tradicional chamada telefónica para os alumnos e alumnas con menos coñecementos, ata o emprego do WhatsApp, o correo electrónico, o Facebook ou o uso de aplicacións para facer videoconferencias como Jitsi Meet.
Os usuarios/as da Rede tamén teñen a súa disposición a plataforma de teleformación EMA [16] que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no eido dixital sen saír da casa. Os cursos están catalogados desde un nivel máis básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais, o tratado de imaxes e vídeos, etc. Para acceder a estes recursos tan só é preciso darse de alta en CeMIT a través da seguinte ligazón [17].
A Federación Gallega de Asociaciones Universitarias Séniors [18] (FEGAUS), conta cunha plataforma para poder formarse a través de seminarios en liña multitemáticos que axudan a adquirir novos coñecementos e habilidades para incluír a tecnoloxía na vida diaria. Algúns exemplos son:
En resumo, o uso da tecnoloxía na vida diaria das persoas maiores ofrécelles a posibilidade de reunir e compartir información, establecer relacións sociais e compartir opinións, colaborar e atender necesidades, formarse e en definitiva, enriquecer o lecer cunha gran oferta cultural.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10556.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm
[4] https://coronavirus.sergas.es/
[5] https://covid19.isciii.es/
[6] https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/documentos/20200325_Decalogo_como_actuar_COVID19.pdf
[7] https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/documentos/Afrontar_el_duelo_en_tiempo_de_coronavirus.pdf
[8] https://asistencia.covid19.gob.es/
[9] https://www.cruzroja.es/cre_web/formacion/materiales/pfcoronavirus/index.html#/
[10] https://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/Ndp_Hispabot_Covid19.pdf
[11] https://www.facebook.com/
[12] https://www.instagram.com/
[13] https://www.skype.com/es/
[14] https://www.whatsapp.com/
[15] https://cemit.xunta.gal/es/node/7811
[16] https://cemit.xunta.es/ema/login/index.php
[17] https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios?execution=e1s1
[18] https://fegaus.com
[19] https://canalsenior.es/mayoresactivosencasa
[20] https://canalsenior.es/agenda#abril-2020