
A empresa Televés [3]participará, un ano máis, en ANGACOM [4] (antiga ANGA Cable), a cita de referencia dos sectores Broadband, Cable e Satélite en Europa, que se desenvolverá na cidade alemá de Colonia entre o 4 e o 6 de xuño. Nesta ocasión, a compañía presentará a súa visión do futuro Fogar Conectado, que se materializa nunha consola de última tecnoloxía dende a que se controla toda unha diversidade de servizos adaptados ás necesidades particulares de cada usuario.
Sobre este concepto, dedicarase especial atención a unha aplicación de prevención socio-sanitario, desenvolvida para atender as necesidades de persoas maiores e permitirlles, deste modo, levar unha vida independente.
Para ver a noticia completa pica aquí [5].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130531_LogoANGA_COM.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.televes.com
[4] http://www.angacom.de
[5] http://www.televes.com/es/prensa/telev%C3%A9s-presentar%C3%A1-su-visi%C3%B3n-del-hogar-conectado-en-angacom-2013