
A FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) solicita o apoio de persoas voluntarias para a realización do curso "Funcionamento básico de dispositivos móbiles e manexo de smarphones" dirixido aos seus usuarios nas aulas cemit de Narón, Lugo, Ourense, Vigo, Coruña e Santiago de Compostela. O apoio dividirase en 6 sesións de dúas horas de duranción cada unha delas os luns, xoves ou venres en horario de mañá. Tanto os horarios como as datas están abertas á dispoñibilidade das persoas voluntarias. A/as persoas intesadas poden realizar unha ou varias sesión segundo o seu interese. Contidos a tratar: Acceso a Wifi/ Uso de datos no móbil. Teléfono/SMS/ Whatsapp. Crear contactos e grupos de difusión. Conta de correo electrónico no móbil (axuntar datos, descargar e gardar arquivos).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/10487