
O Concello de Melide solicita o apoio dunha persoa voluntaria para a realización dun curso de Iniciación á informática na aula CeMIT de Melide (Edificio Multiusos). O obxectivo do curso é introducir as persoas no uso do ordenador desde cero, así como, as súas aplicacións. Os contidos do curso poderán axustarse ao que os usuarios/as precisen e demanden dentro do establecido no temario a abordar. Tanto as datas como os horarios están abertos á dispoñibilidade da persoa voluntaria (preferiblemente a finais do mes de marzo). A duración do apoio será de 4 sesións de dúas horas en horario de tarde.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/10482