
O Centro de Información á Muller (CIM) de Padrón [3] vén de abrir a inscrición para un obradoiro encamiñado a incrementar o empoderamento tecnolóxico feminino do ámbito local. Trátase do curso Ferramentas para a vida: alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais, unha iniciativa programada para o vindeiro martes 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, na aula de informática do Centro Social. A actividade está incluída no Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural.
A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4), chamando ao 611 003 472 ou enviando un correo a cim@padron.gal [4]. O Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural está organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, e conta co apoio de Sustinea e da Consellería de Política Social.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10412.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/pages/category/Government-Organization/CIM-Padr%C3%B3n-2047387081985678/
[4] mailto:cim@padron.gal