
En 2017 Microsoft anunciou Seeing AI [3], unha aplicación de balde para iOS [4] que busca axudar a persoas con eivas visuais recoñecendo o que capta a cámara do móbil mediante intelixencia artificial e narrándoo verbalmente, e aínda que esta útil ferramenta só estaba dispoñible en inglés, co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade incorporaron 5 idiomas máis á aplicación [5]: alemán, francés, xaponés, neerlandés e español.
Para o desenvolvemento do Seeing AI Microsoft contou coa colaboración de expertos da ONCE e da Fundación ONCE [6], que se involucraron na fase de probas do produto e achegaron recomendacións para a súa mellora.
Con Seeing AI os usuarios poden empregar a cámara do seu móbil para a lectura de textos curtos, recoñecer documentos, localizar e escanear códigos de barras para identificar produtos, recoñecer as caras das persoas que estean ao redor (deducindo tamén a súa idade e estado de ánimo), recoñecer o contorno (obxectos, persoas, animais...), identificar cores de obxectos, ler textos escritos a man, recoñecer fotografías (identificando a persoas e obxectos que san nas mesmas) e incluso recoñecer imaxes doutras aplicacións (como o correo electrónico, Twitter ou WhatsApp).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10410.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/Microsoft-estrea-unha-aplicacion-que-narra-a-invidentes-o-que-capta-a-camara-do
[4] https://apps.apple.com/es/app/seeing-ai/id999062298
[5] https://news.microsoft.com/es-es/2019/12/03/bonjour-bienvenidos-seeing-ai-ya-esta-disponible-en-cinco-nuevos-idiomas/
[6] https://news.microsoft.com/es-es/2019/12/03/microsoft-presenta-seeing-ai-en-espanol-la-app-gratuita-que-facilita-el-reconocimiento-y-descripcion-del-entorno-a-personas-ciegas/