
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) organiza o vindeiro 28 de novembro unha xornada informativa sobre a adaptación das antenas de recepción da televisión que será preciso levar a cabo como consecuencia do denominado “Segundo Dividendo Dixital" [3]. A sesión, de carácter informativo e de asesoramento, terá lugar no Centro Demostrador TIC de Santiago con conexión directa con diversas aulas CeMIT do noso territorio e está dirixida á cidadanía en xeral, asociacións, administradores de fincas, antenistas, instaladores de telecomunicacións e tamén aos concellos e deputacións.
Segundo informa o Concello de Vilagarcía, unha das entidades participantes na actividade (dende a aula CeMIT do Centro de Matosinhos) [4] a participación é de balde pero é preciso inscribirse previamente antes do 20 de novembro a través do enderezo segundodividendodixital@aetg.gal [5], indicando nome, apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto. Amais da aula de Vilagarcía tamén se sumarán á xornada, dando conta dela, as aulas de Abegondo [6], Celanova [7], Santa Comba [8] e Valga [9].
Esta actividade lévase a cabo no marco do Plan de Comunicación e Divulgación sobre a liberalización do Segundo Dividendo Dixital que está a desenvolver a AETG [10]. O proceso, segundo informa a asociación, supón “un cambio significativo para a sociedade na área do desenvolvemento das telecomunicacións, con melloras nas redes e capacidade das mesmas, e que implicarán modificacións dos sistemas de cobertura da televisión dixital, de aí a necesidade das adaptacións dos equipos técnicos”. A sesión desenvolverase entre as 12.00 e as 13.30 horas na aula CeMIT mediante videoconferencia impartida dende o Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela.
A través desta sesión, a AETG ofrecerá asesoramento individualizado en relación coa liberación do segundo dividendo dixital e as súas implicacións, ademais de informar sobre as liñas de subvención existentes para a adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10400.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cdtic.xunta.gal/TDTsantiago
[4] http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=10972
[5] mailto:segundodividendodixital@aetg.gal
[6] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/30167
[7] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/30158
[8] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/30164
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/30159
[10] https://www.aetg.gal/articulos/television-dixital-terrestre-segundo-dividendo-dixital