
Google Maps [3] anunciou unha importante actualización que axudará ás persoas cegas [4] con deficiencia visual a orientarse dunha maneira máis eficiente mediante indicacións de voz.
Fixeron coincidir este lanzamento co 'Día Mundial da Vista', que se celebrou o pasado día 10. Grazas a esta actualización, Google Maps encargarase de lembrar continuamente ao usuario se está no roteiro correcto.
Ademais, a persoa que active esta función poderá saber canta distancia hai ata o próximo xiro, en que dirección está a camiñar, recibir advertencias cando se aproxime a grandes interseccións ou coñecer se abandonou accidentalmente o roteiro.
Mediante unha entrada no seu blogue [5], Google sinalou que estas indicacións poden ser útiles tamén para persoas que teñen unha visión normal: "Aínda que esta nova función pode ser de gran axuda para as persoas que teñen discapacidade visual, tamén pode ser de axuda a alguén que desexa unha experiencia sen pantalla na súa próxima viaxe a pé".
E ten moito sentido. Eu utilicei Google Maps camiñando en cidades ou zonas que non coñecía, e ter que ir mirando continuamente a pantalla faise un tanto incómodo. Se tes uns auriculares a man pode ser unha moi boa opción.
"Do mesmo xeito que os anuncios que se escoitan nos cruces peonís ou nos autobuses, todo o mundo pódese beneficiar deles. Non todo o mundo necesitará este nivel de asistencia, pero é fantástico saber que está dispoñible e a só un toque de distancia".
De momento, esta funcionalidade implementouse en inglés nos Estados Unidos e en xaponés en Xapón (tanto en Android como en iOS). Google afirma que pronto estará dispoñible para outros países e idiomas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10330.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.genbeta.com/tag/google-maps
[4] https://www.xataka.com/medicina-y-salud/volver-a-ver-tras-33-anos-de-ceguera-gracias-a-un-ojo-bionico
[5] https://www.blog.google/products/maps/better-maps-for-people-with-vision-impairments/