
Unha das opcións máis avanzadas é a desenvolta pola compañía norueguesa Forkbeard que utiliza tecnoloxía de sónar para ofrecer unha localización moi precisa, con só uns centímetros de marxe de erro, que ten multitude de posibles aplicacións, unha delas a de axudar á mobilidade de persoas con discapacidade visual.
Con todo, a diferenza do GPS, por agora as tecnoloxías de posicionamento en interiores que realmente alcanzan un nivel de precisión o suficientemente bo como para ser útiles necesitan que se instalen dispositivos nos edificios para ofrecer este servizo.
No caso de Forkbeard, a compañía desenvolveu unhas balizas que se instalan no interior dos edificios e que, utilizando a tecnoloxía existente na maioría dos smartphones actuais, é capaz de ofrecer esta localización precisa.
Ademais das balizas, é necesario tamén o desenvolvemento de aplicacións que aproveiten o sistema de Forkbeard para axudar no guiado de persoas con discapacidade visual ou con outra discapacidade que poidan ter problemas para guiarse, como unha discapacidade cognitiva.
Pero o que está claro é que a tecnoloxía de Forkbeard é revolucionaria e xa está dispoñible para as empresas que queiran instalala nas súas instalacións.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10328.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()