
A pesar de contar con menos medios, moitas veces as empresas máis pequenas teñen unha maior capacidade de adaptar a súa tecnoloxía ás necesidades das persoas con discapacidade. A razón é sinxela, a accesibilidade non é cuestión de diñeiro senón de intención.
Unha mostra é a historia que contan os compañeiros de AbleGamers que mostra como un mozo desenvoledor de videoxogos modificou o código da súa última creación para adaptala ás necesidades dun xogador con discapacidade.
O desenvolvedor chámase Sterling Silver e a súa compañía é Stingbot Games. Silver traballaba no seu novo videoxogo, chamado The Forbidden Arts.
Cando o xogo se abriu aos primeiros xogadores, unha das primeiras persoas que o probou foi Sasha Zenko, un afeccionado aos videoxogos cunha discapacidade física que xoga manexando o rato co seu queixo.
Ao probar o xogo, Zenko deuse conta de que había algunhas melloras que o desenvolvedor podería incluír para facilitarlle gozar do videoxogo e decidiu poñerse en contacto con Silver.
Ao pouco tempo, Silver cambiara o código do seu videoxogo para introducir os cambios propostos por Zenko e lograr así un xogo máis accesible para as persoas con discapacidade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10326.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()