
A iniciativa Coruña Dixital [2], retoma esta semana a súa liña de actividade, que promete ser especialmente intensa esta tempada, ademais de particularmente técnica e divulgativa
A iniciativa Coruña Dixital [2], programa de actividades de divulgación e impulso TIC posto en marcha polo Concello, retoma esta semana a súa liña de actividade, que promete ser especialmente intensa esta tempada, amais de particularmente técnica e divulgativa. O programa, concibido por Coruña Dixital en colaboración coa ampla comunidade de colectivos tecnolóxicos da cidade, inclúe entre outras cousas unha nova edición do #LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación [4], un máis que relevante espazo de traballo sobre Internet, narrativas populares, creatividade ou humor viral na Rede (estas foron algunhas das temáticas tratadas en profundidade nas anteriores edicións do laboratorio).
A curto prazo, estes 4 e 5 de outubro celébrase na Facultade de Informática a primeira edición de AtlánticaConf [5], un evento creado de maneira conxunta por varias comunidades técnicas e no que colabora Coruña Dixital.
A devandita actividade compleméntase co congreso TechLing [6], que, como se indica no seu nome, abriranos unha xanela ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensino de linguas. As inscricións, lembra Coruña Dixital, están abertas ata o 4 de outubro.
Por outra banda, o 9 de novembro a Domus vai acoller a oitava edición da Feira das Tecnoloxías Libres OSHWDem [7], que organiza a asociación Bricolabs. Trátase dun encontro maker e argalleiro aberto a todos os públicos, cunha morea de proxectos tecnolóxicos e moitos robots en competición.
Amais, Coruña Dixital lembra que até o venres 4 de outubro os centros escolares poden inscribirse en A Coruña Educa [8], unha ampla oferta municipal de propostas orientadas a dotar ao alumnado de ferramentas e estratexias no eido dixital.
A maiores, a asociación TADEGA celebra un congreso adicado á educación e á atención á diversidade, con presenza tecnolóxica nos obradoiros que ofrece aos seus participantes [9]. A inscrición está aberta e ten desconto ata o 30 de outubro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10287_0.jpeg
[2] https://corunadixital.gal/
[3] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[4] https://corunadixital.gal/iniciativa/laic/
[5] https://gal.us14.list-manage.com/track/click?u=2f124bfad9059a4cc5d7a5646&id=804bb59d72&e=4a13751dd4
[6] https://corunadixital.gal/evento/techling19/
[7] https://corunadixital.gal/evento/oshwdem-2019-feira-de-tecnoloxias-abertas/
[8] http://corunadixital.gal/a-coruna-educa-a-aposta-municipal-pola-formacion-da-comunidade-educativa-tamen-no-eido-tecnoloxico/
[9] https://corunadixital.gal/evento/congreso-tadega-2019/