
A aula CeMIT de Ponteareas vén de anunciar un completo programa de actividades para conmemorar (tecnoloxicamente) a chegada do outono e, tamén, a celebración o vindeiro 1 de outubro do Día das Persoas Maiores [3]. Así, o espazo local de formación TIC anuncia que o vindeiro mes haberá cursos de iniciación á informática, de procura de información na Rede, de DNI electrónico e certificados dixitais, de emprego do correo electrónico, de folla de cálculo, de aplicacións de Google, de edición de audio e vídeo e da ferramenta Google Drive.
Ademais, o día 1 de outubro con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, proxectaranse dúas charlas, unha ás 10:30 horas baixo o título Materia pendente do século XXI: formación ao longo da vida e a outra, ás 17:00 horas, Trucos Google para buscar por Internet.
A Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, informa que para inscribirse tan só hai que achegarse ata a aula CeMIT no Centro Social que ten emprazamento na rúa Oriente ou ben contactar no número de teléfono 673 794 883 ou a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10272.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://ponteareas.gal/a-aula-cemit-celebra-o-dia-das-persoas-maiores-con-charlas-especificas/
[4] mailto:cemit.ponteareas@xunta.gal