
Solicítase unha persoa voluntaria para realizar unha formación sobre o manexo e as funcionalidades que ofrece a plataforma É-Saúde ás persoas maiores de Ribadumia. A actividade celebrarase o día 1 de outubro para conmemorar o día das persoas maiores en horario de 10:00 - 12:00 (flexible tanto de mañá como de tarde en función da dispoñibilidade da persoa voluntaria) e nela contarase como se pode acceder por internet á historia clínica, consultar a medicación, as citas co médico, etc sen desprazamentos nin chamadas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/10241