
O Concello de Brión [3] segue adiante con actividades da alfabetización dixital que derruben muros formativos entre a cidadanía e as tecnoloxías. Ao fío deste obxectivo, o Goberno local organizará durante todo o ano cursos de informática básica, que se celebrarán en canto haxa un mínimo de 8 persoas inscritas e na data que concreten os propios participantes. A inscrición, polo tanto, estará aberta de xeito permanente na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com [4]. O prezo será de 30 euros, cun 50% de desconto para persoas en situación de desemprego.
O obxectivo destes cursos é “que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade”. Así, as persoas que participen aprenderán nocións básicas do manexo dun ordenador e do sistema operativo Windows, dende manexar un procesador de textos ata crear e manexar contas de correo electrónico e navegar por Internet. As clases terán lugar na aula CeMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10239.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.concellodebrion.org/
[4] mailto:empregobrion@gmail.com