
O Concello de Santiago vai organizar, cunha subvención autonómica de 180.000 euros, un novo obradoiro de emprego TIC para favorecer a empregabilidade e a formación avanzada da xuventude local [3]. En total, beneficiaranse dezaseis alumnas e alumnos en situación de busca de traballo. A actividade adestrará aos participantes en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web. O obradoiro Santiago Sustentable ten, tamén, o obxectivo de deseñar e construír un portal temático sobre eficiencia na xestión de recursos, coidado do medio ambiente, xestión smart e participación cidadá.
A información sobre a actividade xa está publicada na web da Axencia Local de Colocación [4]. Segundo se fai saber na páxina, o obradoiro é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas polo vieiro das TIC, co-financiando pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello. O programa de adestramento terá unha duración de medio ano. Implicará a contratación das alumnas e alumnos como traballadoras/es.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10233.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18844&lg=gal
[4] https://www.axencialocaldecolocacion.org/actualidade/8226/bases-seleccion-obradoiro-santiago-sustentable