
A aula CeMIT de Ribeira [3], centro local de formación e alfabetización tecnolóxico-dixital, acolleu o venres a clausura do último dos cursos de informática para nenos e nenas incluídos no Agosto Dixital. Desta vez foron doce os rapaces que, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, recolleron os seus diplomas da man da concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro Rego.
Desde o día 20, os pequenos estiveron mergullándose nas TIC guiados polo novo axente TIC, Manuel Bello. Antes, xa o fixeran outros 21 cativos, con idades de entre 6 e 9 anos, repartidos en dous grupos debido á alta demanda. Agora, desde a organización procederase a artellar para este outono novas accións formativas coas que mellorar as capacidades tecnolóxicas da poboación ribeirense.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10183.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://es-es.facebook.com/pages/category/School/Aula-CeMIT-de-Riveira-189794361069381/