
Os retos e oportunidades que os videoxogos teñen para as persoas con discapacidade, así como para a propia industria será un dos eixos do "Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade [3]", organizado pola Fundación ONCE, e que se celebrará en Málaga do 23 ao 25 de outubro.
Así, no primeiro día haberá unha mesa redonda na que confirmaron a súa asistencia Pablo Pérez Ortega, analista de normativa e certificación accesibilidade de Electronics Arts (EA); Jose María Moreno, director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI); Juan Aguado Delgado, investigador da Universidade de Alcalá de Henares; e Carlos de la Iglesia, director de Comunicación e Desenvolvemento Corporativo de Microsoft España.
Como complemento á devandita mesa redonda que terá lugar durante a mañá do primeiro día, tamén levará a cabo unha demostración do videoxogo "Fornite [4]" na que participarán xogadores con e sen discapacidade. Ademais, os asistentes poderán participar no sorteo dunha XBOX e licenzas para FIFA20 e Anthen, e coñecer de primeira man os retos e oportunidades dos videoxogos.
A exhibición de videoxogos e o sorteo será o 23 de outubro ás 17.30 horas no Auditorio FYCMA.
Por segundo ano consecutivo, o evento terá lugar no Palacio de Feiras e Congresos da capital malagueña, onde mostrará como a tecnoloxía [5], os destinos turísticos [6] intelixentes e os produtos e servizos accesibles [7] melloran a vida de todas as persoas.
Así, na súa terceira edición, o congreso está aberto a propostas relacionadas coas Tecnoloxías e Servizos de Acceso á Información e a Comunicación, a interacción persoa máquina, o fogar dixital e a vida independente, a robótica para a autonomía persoal, as "smart city", a realidade aumentada, o turismo para todas as persoas, a accesibilidade nos seus distintos aspectos e as regulacións e normas [8] relativas ao turismo.
Unha vez finalizado o prazo para presentar as comunicacións, o Comité Científico está a seleccionar as que se presentarán no congreso, que se incluirán no Libro de Comunicacións que se colgará na web. As mellores valoradas publicaranse na Revista sobre Accesibilidade e Deseño para Todos "JACCES".
O congreso expón unha gran diversidade de temas, materias e proxectos no campo da tecnoloxía e o turismo para favorecer a integración e inclusión das persoas con discapacidade. O seu obxectivo é mostrar o que a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos ou servizos poden facer polas persoas.
"As persoas, os dereitos, a innovación e os produtos e servizos que se ofrecen son elementos que se deben ter en conta neste século XXI para poder atendelas necesidades individuais dentro dunha oferta global", consideran os organizadores do encontro.
A inscrición é gratis para persoas con discapacidade.
Máis información na páxina web do Congreso [9]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10177.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.discapnet.es/actualidad/2019/06/las-personas-con-discapacidad-podran-inscribirse-gratis-al-congreso-internacional
[4] https://www.youtube.com/channel/UClG8odDC8TS6Zpqk9CGVQiQ
[5] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/tecnologia-inclusiva
[6] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/turismo-y-cultura/turismo
[7] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/accesibilidad
[8] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/nuestros-derechos
[9] http://www.ttd-congress.com/es