
O Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción [3] (CESyA) e a Universidade Carlos III de Madrid [4] (UC3M), ofertarán o curso de accesibilidade audiovisual: as claves do subtitulado, que será impartido do 1 outubro ao 30 de novembro de 2019.
O CESyA, centro dependente do Real Padroado sobre Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, xestionado pola UC3M, ofrecerá un curso de accesibilidade audiovisual e subtitulado [5], que terá lugar do 1 de outubro ao 30 de novembro. O período de admisión finalizará o 23 de setembro.
O obxectivo desta formación é concienciar aos novos profesionais da comunicación, a tradución e o xornalismo para que comprendan a necesidade de crear contidos accesibles para as persoas con discapacidade auditiva [6].
Estes estudos online realizaranse de forma telemática a través da plataforma de ensino virtual Aula Global, que conterá tanto os contidos teóricos como as tarefas prácticas.
Para a realización dos exercicios do curso de accesibilidade audiovisual, utilizaranse ferramentas informáticas de software libre que non requiran a adquisición de licenzas.
O profesorado estará composto polos investigadores do CESyA, Israel González (departamento de Informática da UC3M), Mónica Souto e Gonzalo Martín.
Os docentes realizarán un seguimento de cada alumno [7] mediante a corrección dos traballos realizados, estando sempre dispoñibles para resolver dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática do curso.
Máis información sobre o curso e a matriculación: Web da UC3M [8]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10125.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.cesya.es/
[4] https://www.uc3m.es/Inicio
[5] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/diseno-para-todos/accesibilidad-de-comunicacion/subtitulados
[6] http://www.discapnet.es/areas-tematicas/salud/discapacidades/auditivas/discapacidad-auditiva
[7] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/educacion
[8] https://www.uc3m.es/formacion-continua/accesibilidad-audiovisual-claves-subtitulado#home