
A aula CeMIT do Concello de Brión acollerá o vindeiro xoves 18 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, o curso-obradoiro TechKids: crea a túa App dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos. Trátase dunha actividade divulgativa de balde dirixida a mostrar á rapazada local a vertente máis divertida, construtiva, enriquecedora e creativa das novas tecnoloxías. Segundo informa o Concello e a aula CeMIT, o número de prazas é limitado, polo que a admisión farase por orde de inscrición na web da rede autonómica de aulas dixitais [3] ou no teléfono 981 509 908.
Este curso forma parte dun convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) [4] para fomentar o interese pola tecnoloxía entre a mocidade. En concreto, o obradoiro de Brión permitirá que a mocidade brionesa aprenda como desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles, deseñar e crear o seu propio videoxogo ou crear contidos dixitais. O obxectivo final do curso é impulsar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10084.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/es/actividade/28992
[4] https://codigocero.com/O-segundo-Tech-Kids-incluira-medio-cento-de-actividades-de-divulgacion-STEM