O Concello de Boqueixón entregou os diplomas dos cursos de informática para maiores a unha trintena de veciñas e veciños [3]. No acto participou o alcalde, Manuel Fernández Munín, que presidiu a entrega de acreditacións. Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón e contou, en palabras dos organizadores, “cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia”.
As sesións desenvolvéronse nas instalacións da aula de usos múltiples do Concello de Boqueixón. O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática. Entre os coñecementos adquiridos durante os 3 meses de clases (20 horas lectivas) atopáronse os seguintes contidos: compoñentes dun equipo informático, sistema operativo (escritorio, barra de tarefas, iconas e cartafoles), Internet, navegadores e buscadores, tratamento de datos (como almacenalos con seguridade), correo electrónico, uso das novas tecnoloxías no fogar (novas, a web do Concello, cita previa do SERGAS, compras online, etc).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10077.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.boqueixon.com/2019/07/08/entrega-de-diplomas-a-trintena-de-participantes-nos-cursos-de-informatica-para-maiores-do-concello-de-boqueixon/