
Doce persoas con discapacidade participaron na primeira edición do programa formativo Desenvolvemento de aplicacións para móbiles en sistema operativo Android que organizou a Fundación ONCE co apoio de EVO Banco.
A formación supuxo un total de 180 horas lectivas das cales 40 dedicáronse ao desenvolvemento de aplicacións para móbiles de forma real, é dicir, desenvolvendo un prototipo de app financeira de fácil accesibilidade.
Os doce alumnos organizáronse en tres grupos de traballo que presentaron as súas respectivas propostas durante a clausura do curso, que contou coa asistencia de Sabina Lobato, directora de Formación e Emprego, Operacións e Transformación da Fundación ONCE, e José Carlos Méndez, responsable de Comunicación e Redes Sociais Corporativas de EVO Banco.
No acto de clausura tamén participou Belén Sandoval, Academy director de Opinno, entidade responsable da execución do programa formativo, o cal incorporou técnicas de Design Thinking, introdución ao sector financeiro na era dixital, formación en programación na contorna Android, Web Apps e deseño de Experiencia de Usuario e Accesibilidade [3].
A formación completouse con talleres de habilidades persoais e profesionais para incentivar a incorporación ao mercado laboral dos participantes.
O obxectivo do programa formativo é facilitar a capacitación tecnolóxica e o emprego en sectores relacionados coas novas tecnoloxías [4].
Ademais dos coñecementos teóricos adquiridos, os alumnos tiveron a ocasión de deseñar e publicar a súa propia aplicación de planificación financeira básica.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10075.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/accesibilidad
[4] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/tecnologia-inclusiva