
A semana pasada, o Living Lab do CITIC (o laboratorio colaborativo de probas tecnolóxicas do Centro de Investigación TIC da UDC), recibiu a primeira visita dunha persoa con diversidade funcional para avaliar a experiencia que transmite unha contorna de realidade virtual [3]. Segundo informou o centro emprazado no Campus de Elviña, foi a primeira proba realizada na contorna do convenio de colaboración asinado entre o CITIC e COGAMI, [4] salientando algúns dos seus obxectivos fundamentais: traballar conxuntamente no impulso de ferramentas que melloren a participación e autonomía dos colectivos con diversidades funcionais a través de solucións baseadas nos principios do deseño universal e centrado nas necesidades e capacidades dos usuarios.
Na proba fundacional do proxecto levada a cabo a semana pasada botouse man dunhas lentes HTC para experimentar con varios escenarios dixitais, entre os que se incluíron un escenario móbil (simulación de montaña rusa) e outro de posicionamento espacial (GoogleEarth). Os resultados, segundo informou o CITIC, “foron moi positivos”, xa que “a realidade virtual permitiu á persoa experimentar diferentes sensacións que nunha contorna real non podería realizar”. A partir desta primeira proba, evolucionarase até chegar a contidos que permitan traballar de maneira específica con estes colectivos as actividades da vida diaria e promover a participación en actividades de lecer que, doutra forma, non poderían ter acceso. Desde o CITIC comezarase a traballar na creación e proba de contornas particulares e personalizados con contidos significativos para cada participante.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10032.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://citic-research.org/noticias/el-citic-realiza-las-primeras-pruebas-en-el-marco-del-convenio-de-colaboracion-con-cogami.htm;jsessionid=549676D53568737A97D214526B25BA07
[4] https://codigocero.com/UDC-CITIC-e-COGAMI-crearan-fogares-dixitais-plenamente-accesibeis-e