
Baixo o título de "Expo 3D Produtos de apoio", a Fundación ONCE mostra unha serie de deseños innovadores impresos en 3D que permiten mellorar a vida diaria das persoas con discapacidade .
A exposición "Expo 3D Produtos de apoio" estará aberta ao público desde o luns 27 de maio ata o venres 7 de xuño na Sala Cambio de Sentido da Fundación ONCE [3] (Rúa Sebastián Herrera, 15), en Madrid.
A inauguración da "Expo 3D Produtos de apoio" terá lugar o mércores 29 de maio, ás 11 horas, e contará coa participación de Jesús Celada, director do Real Padroado sobre Discapacidade, acompañado por José Luis Martínez Donoso, director xeral da Fundación ONCE, e Jesús Hernández, director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE.
Paloma Cid, técnico da Dirección de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, será a encargada de explicar tecnicamente en que consiste o proxecto e ofrecerá unha visita guiada da exposición na que os asistentes poderán ver a impresora 3D en funcionamento.
O proxecto púxose en marcha dentro do convenio marco que a Fundación ONCE ten co Real Padroado sobre Discapacidade.
A impresión 3D está a converterse nun recurso de indiscutible utilidade en diversos ámbitos, como o industrial e o sanitario [4], por mencionar dúas das áreas nas que esta técnica ten máis proxección. A Fundación ONCE, ao amparo do convenio co Real Padroado sobre Discapacidade súmase ao uso desta tecnoloxía [5], deseñando diferentes elementos que faciliten a vida a todas as persoas. Esta modesta exposición mostra algúns dos produtos de apoio sobre os que se estivo traballando durante o pasado ano. O obxectivo é facilitar diferentes tarefas da vida diaria de modo que as persoas poidan executalas da maneira máis independente posible. Todos os deseños da Fundación ONCE son de libre descarga para que quen o necesite, poidan adaptalos ás súas necesidades e imprimilos. https://www.thingiverse.com/fundaciononce/collectionse [6]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10015.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.salacambiodesentido.com/
[4] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/salud
[5] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/tecnologia-inclusiva
[6] http://https//www.thingiverse.com/FUNDACIONONCE/collectionse