
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña vai acoller esta semana o evento Informática para tod@s [3], organizado pola investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC [4], Laura M. Castro, entre outros. A iniciativa, que vai celebrar a súa cuarta edición, desenvólvese os días 28 e 29 de marzo e ten o obxectivo de promover o papel da muller no ámbito da tecnoloxía en español.
O evento está enmarcado dentro do ACM-W, un comité internacional cuxa misión é fomentar a participación da muller en todos os aspectos do campo da informática. En 2016, ACM-W: Informática para tod@s uniuse a este conxunto de celebracións a nivel nacional, para mostrar a importante e imprescindible contribución feminina na computación e facilitar o encontro e intercambio de ideas con persoas que comparten o castelán como lingua. A investigadora do CITIC Laura M. Castro foi unha das fundadoras da iniciativa, formando parte do comité organizador dende a súa primeira edición.
O programa de Informática para tod@s está composto por charlas, sesión de pósters, paneis de discusión e feira de emprego. Contará con doce relatoras de referencia no ámbito tecnolóxico; entre elas atópase Nuria Oliver, enxeñeira de Telecomunicacións referente en España en Intelixencia Artificial e Big Data e membro do Comité Asesor Científico do CITIC.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9878.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://ipt.acm.org/
[4] https://citic-research.org/