
Queres cambiar a realidade de moitas persoas que non teñen acceso ás Novas Tecnoloxías? Cun pouco do teu tempo e coñecemento en TIC podes crear impacto social e chegar a moitos colectivos que están en risco de exclusión. Nace a nova App de Cibervoluntarios, [3] unha ferramenta única para todas as persoas que fagan cibervoluntariado connosco. Desde a Fundación Cibervoluntarios queremos facer posible que todas as persoas teñan, por igual, a oportunidade de acceder, coñecer e utilizar ferramentas e servizos tecnolóxicos por un futuro máis inclusivo, aberto e participativo.
Agora poñémoscho aínda máis fácil coa nova APP de Cibervoluntarios, unha ferramenta para que poidas participar en todas as actividades de empoderamento cidadán que che ofrecemos. Lanzamos a versión 1.2 da APP que nun futuro irá crecendo para converterse na gran ferramenta do voluntariado tecnolóxico.
Descarga aquí a nova app de cibervoluntarios e comeza a crear impacto [4].
Que che ofrecemos nesta APP?
Aos poucos iremos engadindo actualizacións para que tamén se poidan dar de alta organizacións de base social, e asociacións que queiran recibir formación TIC. Nun futuro tamén poderás comunicarte cos teus compañeiros e compañeiras Cibers e crear as túas propias misións de voluntariado tecnolóxico para axudar a máis xente a coñecer como se usan as TIC. Descárgaa e comeza a crear impacto.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9646.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://play.google.com/store/apps/details?id=io.ionic.cibervoluntarios
[4] http://play.google.com/store/apps/details?id=io.ionic.cibervoluntarios