
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría elixiu a cidade da Coruña para organizar o seu XXV Congreso [3], que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2013 e se celebrará no Edificio Universitario de Oza.
Esta Sociedade, que aglutina case 400 socios, leva 25 anos de andaina tratando de sensibilizar, entre outros obxectivos, á sociedade acerca da importancia de coñecer o fenómeno do envellecemento, tanto dende o punto de vista sociodemográfico como da consecución dunha boa saúde.
Os obxectivos perseguidos á hora de organizar o programa científico son:
Para consultar o programa pica aquí [4].
O programa científico inclúe dous obradoiros, un denominado "Selección e validez de instrumentos de avaliación cognitiva en persoas maiores" e outro "Selección e validez de instrumentos de avaliación física e funcional en persoas maiores".
No momento de realizar a inscrición ao congreso, os interesados en participar nalgún dos talleres deberán inscribirse no que sexa do seu interese, seleccionando a opción oportuna no formulario de envío habilitado na Web do congreso.
Cada taller admitirá un máximo de 20 persoas que serán seleccionadas, por rigorosa orde, de acordo á data de ingreso da cota de inscrición ao congreso que conste no xustificante bancario da transferencia recibida.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130506_CARTELXXVCongreso.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.sgxx.org/
[4] http://gerontologia.udc.es/sgxx2013/