
A Fundación ONCE convocou a V edición dos Premios Discapnet ás Tecnoloxías Accesibles, uns galardóns que recoñecen as mellores iniciativas e accións no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, así como ás empresas, entidades ou organizacións que desenvolvesen un labor continuado no campo da accesibilidade tecnolóxica [3].
Na súa V edición, os premios introducen por primeira vez unha dotación económica para os traballos galardoados en todas as categorías e tratan de fomentar, ademais, a participación de candidaturas procedentes de países non hispanofalantes.
Como na edición anterior, os galardóns estrutúranse en tres categorías: a primeira delas, a A, premiará ao mellor produto ou servizo baseado en tecnoloxías para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade que xa estea dispoñible.
Na categoría B, o galardón será para a persoa, empresa, entidade ou organización que máis destacase pola súa traxectoria continuada en materia de mellora da accesibilidade á tecnoloxía.
Finalmente, o apartado C recoñecerá ao mellor proxecto de emprendemento con impacto social para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través das TIC.
Os interesados en presentar os traballos poden facelo ata o 15 de marzo de 2019 cubrindo o formulario correspondente á categoría á que concorran, dispoñible na seguinte dirección web dos Premios Discapnet. [4]
Ademais, todas as candidaturas deberán achegar un resumo do proxecto en español e en inglés. En canto á dotación dos premios, este ano será por primeira vez económica en todas as categorías.
Desta forma, os galardoados nos apartados A e B recibirán 5.000 euros, mentres que o traballo premiado no C contará con 20.000 euros.
Neste último caso, o diñeiro haberá de destinarse integramente ao desenvolvemento do proxecto galardoado.
Así mesmo, a cada persoa ou entidade premiada entregaráselle unha obra orixinal "dun prestixioso artista con discapacidade" designado pola Fundación ONCE [5].
As bases completas daIV edición dos Premios Discapnet poden consultarse no seguinte http://premios.discapnet.es/ [4].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9597.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/accesibilidad
[4] http://premios.discapnet.es/
[5] https://www.fundaciononce.es/