
Conscientes do papel fundamental que xogan hoxe en día as tecnoloxías de creación e fabricación dixital (impresoras 3D, cortadora láser, prototipado electrónico...) e as metodoloxías activas de aprendizaxe á hora de ofrecer espazos educativos diferentes -máis inclusivos, flexibles e motivadores- , contornas que se adaptan mellor ás formas e ritmos de aprendizaxe de cada individuo, decidimos facilitar un espazo para fomentar o intercambio de experiencias pedagóxicas entre formadores, docentes e facilitadores.
A plataforma FabLabs Sociais nace coa idea de beneficiar a mozos en situacións complexas mediante o desenvolvemento de competencias técnicas e habilidades básicas como a cooperación, o traballo en equipo, ou a comunicación, que lles poidan ser útiles no día de mañá. Para iso, ponse ao alcance de formadores, docentes e facilitadores recursos, materiais e ideas para que os poidan incluír nos seus contextos educativos e lles sexan útiles para ofrecer orientación e acompañamento ao longo do proceso de aprendizaxe.
A posta en marcha da plataforma foi posible grazas á colaboración de membros de FabLabs, entidades, centros educativos e particulares que participaron nos programas formativos Breakers [3] e GarageLabs [4] e que contribuíron nutrindo a plataforma a partir das súas experiencias.
Acceso á plataforma: http://fablabssociales.org [5].
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9433.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionorange.es/fablabs/breakers/
[4] http://www.fundacionorange.es/fablabs/garagelabs/
[5] http://fablabssociales.org/