
A empresa galega Balidea [2] está a presentar a súa convocatoria de bolsas, edición 2013, para tituladas/os e universitarias/os. Esta proposta, cuxo prazo para a presentación de solicitudes remata o venres 3 de maio, é xa a cuarta destas características (bolsas de seu para favorecer a inserción laboral da nosa mocidade) que pon en xogo a compañía galega. Destínanse, máis polo miúdo, a estudantes de último curso ou que teñan rematado recentemente as carreiras de Informática, Física ou Telecomunicacións. Esta nova convocatoria 2013 preséntase baixo un epígrafe que fala por si só: Únete a nós.
A idea de Balidea é, amais de impulsar a inserción laboral nuns tempos en que vén como auga de maio, apostar pola formación. O factor formativo, inciden os responsábeis de Balidea, é fundamental e, en certa maneira, imprescindíbel para accedermos ao mercado laboral. “Dende a nosa firma queremos promover un programa de formación práctica para incentivar a inserción laboral de mozos e mozas universitarios/as”, explican, e engaden: “A través das bolsas 2013, a empresa apoia a formación de moitos mozos que non tiveron a oportunidade de completar a formación teórica con proxectos prácticos semellantes aos que se atoparán no seu futuro profesional”. Lembrar que desde o ano 2006 Balidea desenvolveu plans de carreira profesional para máis dun cento de persoas que se foron incorporando á organización en diferentes intres.
10 prazas
Neste intre ofrécense 10 prazas para desenvolver traballos baseados na análise, deseño e desenvolvemento de sistemas de información en diferentes tecnoloxías en calquera das tres oficinas das que dispón Balidea en Galicia: A Coruña, Santiago ou Vigo. As bolsas terán unha duración de 6 meses prorrogábeis, coa posibilidade de incorporarse ao persoal da empresa unha vez rematado o período con resultados favorables, e contarán cunha remuneración de 700€ brutos ao mes (regulación ao abeiro do disposto na Lei 27/2011, RD 1493/2011) As persoas interesadas deberán mandar o seu currículo con foto, xunto cunha copia simple do expediente académico a través do apartado Únete a nós da páxina web da compañía antes do venres 3 de maio.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[2] http://www.balidea.com/
[3] http://codigocero.com/A-galega-Balidea-abre-unha-nova